Visitas Guiadas pola Ruta da Auga | |
Entidade ou persoa promotora | Concello de Guitiriz |
Reserva da Biosfera Terras do Miño | |
Turismo. Educación ambiental | |
Interior | |
Galicia | |
Lugo | |
Guitiriz | |
A zona estaba sen delimitar, polo que se realizaron labores de limpeza, e de señalización. Homologouse a ruta pola Federación Galega de Montañismo, e comezaron as labores de difusión, non só para dar a coñecer a Ruta, senón a a súa importancia e o valor medioambiental da mesma. Comezando esa labor polos propios veciños que non sabían o que significa formar parte da Reserva da Biosfera, e continuando polos turistas que nos visitan. | |
As visitas guiadas pola Ruta da Auga van dirixidas a grupos de escolares, asociacións, e grupos en xeral que o soliciten. Pretenden dar a coñecer a riqueza natural e mostrar a gran biodiversidade da zona , así como o seu patrimonio artístico- cultural. Os obxectivos específicos son: - Manter limpos os nosos ríos e o terreno polo que transcurre a Ruta. - Dar a coñecer o gran patrimonio natural do Concello de Guitiriz. - Sensibilizar á poboación local da importancia de coidar os nosos bosques. - Dar a coñecer e difundir o valor de Reserva da Biosfera. - Fomentar actividades lúdico-didácticas de carácter medioambiental. |
|
Na Ruta únense as tres fontes mineiro medicinais do Concello de Guitiriz co Camiño Norte de Santiago de Compostela. A súa duración é de 20 km e transcurre na súa maior parte pola orilla do Río. Ofrécese a posibilidade non só de visita guiada, senón tamén de realizar tarefas lúdico didácticas, en colaboración coa Asociación Ecoloxista ADEGA e o Proxecto Ríos, onde se organizan varias saídas ao río para realizar tarefas de sensibilización a asociacións e grupos de escolares, para mostrarlles a importancia de manter os nosos ríos limpos, así como os nosos montes. | |
2004-2005 (período de creación da ruta). Logo comezaron as tarefas de difusión | |
5.700 habitantes | |
Poboación local en xeral | |
Xerou beneficio na hostalaría do concello | |
Proliferación de guías turísticas no Concello, ata ese momento non había ningún guía na localidade. Compañías de autobuses que traen aos grupos. | |
Recursos humanos: brigadas de xardinería, para ter o espazo limpo e conservado. Técnicos de Turismo, para realizar as tarefas de difusión, potenciación e desenvolvemento do proxecto, a través da elaboración de folletos, publicidade nos medios de comunicación, e mailing a todos os colexios e asociacións do lugar. Dotación económica para señalizar e acondicionar a Ruta, así como para a súa homologación. |
|
Sen datos | |
Sen datos | |
Entre 10.000 € e 30.000 € | |
A través desta Ruta a poboación local coñeceu o grande valor natural do seu territorio e da importancia que supón a súa conservación. Polo que se atopan máis sensibilizados, de forma que contribúen a manter limpos os nosos montes, colaborando incluso nas labores de limpeza co personal do Concello. Agora coñecen o que significa ser Reserva da Biosfera, entendéndoo como algo positivo, e non como algo negativo que lles limitaba. |
|
Sen datos | |
Sen datos | |
Seguir coas visitas, incrementando os obxectos marcados no seu comezo. | |
Concello de Guitiriz: www.concellodeguitiriz.com 982370109 - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Segatur: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Federación Gallega de Montañismo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. |
|
Sen datos |