Implementación e posta en marcha dunha rede propia para a conexión a Internet en banda ancha de todos os núcleos rurais do territorio | |
Entidade ou persoa promotora | Asociación InterEo |
Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón | |
Telecomunicacións | |
Interior | |
Galicia | |
Lugo | |
Sen datos | |
Territorio que comprende os termos municipais de catorce concellos, sete asturianos e sete galegos con orografías moi complexas, grande dispersión e moi baixa densidade de poboación, con moi poucas posibilidades de que os núcleos máis rurais e dispersos puideran chegar a ter acceso a Internet en banda ancha por falta de rendabilidade da inversión necesaria para operadores privados. | |
Dada a complexidade do territorio, a chamada brecha dixital non faría máis que ampliarse si non se produxera unha intervención que dotara ao territorio dunha rede propia sobre a que puideran operar operadores privados. Se hoxe consideramos que o acceso a Internet é un dereito básico dos cidadáns, o feito de que nas zonas de máis alto índice de ruralidade non fora previsible que ningunha empresa se decidira a levar a cabo unha inversión da que puidera obter rendabilidade, sería un elemento máis a engadir á desventaxa dos habitantes desas zonas e unha nova causa do seu despoboamento. | |
A intervención desenvolveuse mediante a utilización de tecnoloxía Wimax e se desenvolveu en dúas fases. Na primeira, desplegouse unha rede troncal xeral que se apoiaba fundamentalmente en infraestruturas existentes no territorio para abaratar custos. Na segunda, actualmente en desenvolvemento, trátase de continuar partindo desa rede troncal para chegar mediante distintas solucións a calquera persona que viva no territorio e demande o servizo. A Asociación convocou un concurso para operadoras coa esixencia de quen ganara o concurso, non só se comprometía á instalación da rede senón tamén a mantela e operar nela a prezos competitivos no mercado. Hai que sinalar que a rede é unha rede aberta na que, teóricamente pode operar calquera operador que o desexe. Nestos momentos a rede atópase en perfecto funcionamento cun alto grado de satisfacción entre os cidadáns que fan uso dela. | |
2011-2012 | |
30.000 habitantes | |
20.000 persoas | |
Sen datos | |
Sen datos | |
Os recursos empregados son os da empresa adxudicataria do contrato. Por parte da Asociación interEo contouse cós seus propios recursos e unha asitencia técnica dun enxeñeiro responsable do contrato. | |
Sen datos | |
Sen datos | |
Superior a 600.000 € | |
Sen rematar a segunda fase, a rede dispón de máis de 500 abonados e se estima que, a pleno funcionamento, poida contar con 1.000 ou 1.500. | |
Poñer a disposición das zonas máis desfavorecidas un servizo básico en igualdade de condicións técnicas e ecónomicas con respecto ás zonas máis urbanas. | |
A dificultade do territorio e a dispersión da poboación. | |
Unha vez finalizada a segunda fase, a rede quedará en funcionamento, con alo menos unha operadora ofrecendo servizo a través dela e con obligación do mantemento. Desa forma, o futuro, alo menos a medio prazo, queda garantido. | |
Asociación InterEo http://www.intereo.es/ Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 985 476 850 |
|
Sen datos |