Tres rutas de sendeirismo | |
Entidade ou persoa promotora | Concello de Pantón |
Rede Natura do Río Cabe e Sil | |
Turismo. Educación ambiental | |
Interior | |
Galicia | |
Lugo | |
Pantón | |
- Ruta de Senderismo: Ribeira do Río Cabe de Pantón: percorre unha zona moi interesante a nivel de flora e fauna e que se complementa con un interesante patrimonio. - Ruta de Senderismo: A Cruz, Pena Pombeira, Estación de Santo Estebo: camiños recuperados recentemente que se perderan nos anos 50 coa construción de viais para tráfico rodado. Atravesa paraxes de grande beleza. - Ruta de Sendeirimo: Cibrisqueiros a San Cosmede: camiño empregado polos veciños da Parroquia de Pombeiro para os usos diarios pola ausencia de carretera que foi construída na década dos 90 do século pasado. Atravesa zona de bosque mediterráneo e construcións prerrománicas chegando ao pobo de San Cosmede, un núcleo de grande importancia etnográfica e que está a piques de desaparecer. |
|
- Recuperación de camiños que foron, no seu tempo, os medios de comunicación usados polos veciños destas partes do concello e que estaban desaparecidos entre o mato. - Posta en valor destas zonas, en moitos casos esquecidas polos propios veciños. |
|
- Selección de camiños intesantes polo seu valor histórico, etnográfico, ecolóxico, etc. - Limpeza dos devanditos camiños con recuperación de muros e colocación de pasales nos sitios necesarios. - Adecuación das marxes do camiño e entradas a lugares con interese de visita. |
|
Sen datos | |
800 habitantes | |
Público en xeral e veciños en particular. | |
Puntuais á hora de limpeza e reparación (15). Desaparecen co remate do arranxo. | |
Imposible de valorar e cuantificalos únicamente como comidas, gastos de combustíbel, materiais, etc., durante o tempo que durou o traballo. | |
15 operarios para limpeza, recuperación e posta en valor dos traxectos anteriormente citados que empregaron equipos propios para este tipo de actividade (motoserras, desbrozadoras, fouces, carretillas, etc). A tracción mecánica na maioría dos puntos non foi posible pola propia característica orográfica. |
|
Sen datos | |
Sen datos | |
Inferior a 10.000 € | |
- Recuperación de medios de comunicación que se encontraban pechados pola falta de tránsito por eles. -Ampliación da oferta de rutas de Senderismo que o concello ten en marcha dende hai moitos anos polas tres cuncas fluviais (Miño, Sil e Cabe). -Posta en valor de aspectos patrimoniais que eran descoñecidos para moitos veciños do concello e que impactan aos que fan estas rutas por primeira vez. |
|
- Ampliación de número de Rutas. - Recuperación de camiños, arranxo de muros que os delimitan. -Facer visible o patrimonio que estaba perdido entre o mato e que en algúns casos tratábase de restos prerrománicos (tumbas do Preguntoiro) perdidos dende hai case 100 anos. -Facer visible algunhas zonas menos publicitadas turísticamente, como é o caso da ribeira do río Cabe, que polas súas características é moi a ter en conta en futuros programas de dinamización. |
|
-Mantemento destas rutas. A vexetación que nos regala unha rapida recuperación en época de seca ou ante incendios ten o inconvinte de necesitar una rozas continuas para poder manter transitables os camiños. Económicamente esto é moi difícil para concellos tan pequenos como Pantón . -Invasión de Acacias na Ribeira do Cabe e Sil, principalmente, que afogan e terminan matando a vexetación de microclima mediterráneo que hai nestas zonas. -Continuos desmontes como consecuencia de chuvias e aumento de caudal en regatos que cruzan estos camiños. |
|
Positiva: O aumento de visitantes que percorren as rutas antes citadas é importante, se ben hai que ter en conta o esforzo que dende a Oficina de Turismo se está facendo para simplificar a situación dos visitantes no comezo das rutas e ao longo delas (localización por GPS, boa sinalización vertical e horizontal, etc) Compleméntase toda esta información con visitas a lugares de interese cerca das rutas, comidas con relación calidade prezo moi boas en restaurantes e bares cercanos, visitas a museos próximos, etc. |
|
Concello de Pantón: http://www.concellodepanton.es/ 982 456 005 - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Xunta de Galicia Deputación de Lugo |
|
Sen datos |