• Inicio
  • Catálogo
  • Proxecto
  • Workshops
  • Documentación
  • Ligazóns

Catálogo de boas prácticas

Opcións de procura

Comunidad autónoma

Provincia

Área xeográfica

PROMOSOL
Entidade ou persoa promotora Concello de San Sadurniño
LIC Xubia- Castro
Enerxías renovables
Interior
Galicia
A Coruña
San Sadurniño
O uso da enerxía solar non se atopa extendida en Galicia, pese a que outros países con menos insolación sí desenvolveron e implantaron estas tecnoloxías.
Concienciar á población local da conveniencia de implantar paneis solares térmicos para ACS nas súas vivendas, co obxectivo de contribuír á loita contra o cambio climático, e no aforro e a eficiencia enerxética.
O concello, coa colaboración da Asociación Os Picos do Sol, organizou varias campañas informando, casa a casa, sobre os beneficios da enerxía solar térmica. Ademais, creou un grupo de consumo para que as persoas interesadas puidesen adquirir paneis solares termosifón a un prezo reducido, xa que se negociou directamente cun fabricante e un instalador.
2010 ata a actualidade
3.100 habitantes
35 familias
2 (3 meses de campaña)
2 (instaladores)
2 persoas encargáronse de percorrer todo o concello durante 2 meses, explicando que é a enexía solar e promovendo o grupo de consumo de paneis.
Tamén se realizou unha Feira Solar, organizáronse cursos de mantemento simple dos paneis e se presentou a iniciativa en varias feiras e festas locais.
O concello soamente financiou a campaña, non a adquisición de paneis, pero sí conseguiu a redución dos custes de compra e instalación.
Sen datos
Sen datos
Inferior a 10.000 €
70 familias mostraron o seu interese pola campaña, e en 2 anos 35 familias instalaron paneis solares termosifón nas súas vivendas.
As persoas que instalaron os paneis están comprobando que foi unha boa inversión, e outras persoas (veciños, familiares) están vendo que é económicamente viable o uso destas tecnoloxías.
Falta de financiación privada, por parte das entidades financieiras, para facilitala adquisición dos paneis por parte dos particulares.
Falta xeralizada na población de perspectiva a medio prazo, que permita ver que a inversión é recuperable en poucos anos (4 ou 5).
Pouco a pouco máis persoas están concienciadas, e espérase que o número de instalacións vaia en aumento.
Concello de San Sadurniño: www.sansadurnino.es
981490027 - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Sen datos

Centro de Extensión universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente Decenio de las Naciones Unidas para la Biodiversidad

logouesenfondo