Sinalización e guías de zonas e espazos naturais | |
Entidade ou persoa promotora | Concello de Rairiz de Veiga |
Reserva da Biosfera Área de Allariz | |
Turismo. Educación ambiental | |
Interior | |
Galicia | |
Ourense | |
Rairiz de Veiga | |
O Concello de Rairiz de Veiga conta cun basto patrimonio natural. É zona ZEPA e parte da súa superficie pertence á Rede Natura 2000, concretamente ao LIC de As Veigas, cunha superficie de 51 hectáreas. Ademáis desde o 2005 este LIC constitúe a Zona núcleo da Reserva da Biosfera denominada Área de Allariz. Nel atópanse impresionantes bosques autóctonos: Castiñeiros, Bidueiros e Carballos dos que destaca a Carballa da Rocha, declarada Monumento Natural. |
|
- Promover a mellora do medioambiente, a conservación do patrimonio natural e a súa integración harmónica nun desenvolvemento sostible. - Fomentar o coñecemento e a toma de conciencia por parte da poboación en xeral para a conservación da natureza. - Favorecer o Turismo Rural como elemento dinamizador da economía local. |
|
O Concello de Rairiz de Veiga quere por en marcha un proxecto de sinalización e divulgación das zonas e espazos naturais máis emblemáticos do municipio, mediante a creación de catro áreas de interpretación da natureza. Estas catro áreas vanse dotar de pequenas infraestruturas e equipamento como paneis interpretativos dos diferentes bosques, os seus aproveitamentos, fauna e flora, e van estar situadas nos seguinte lugares e zonas: Área de interpretación: - O bosque de Carballos: A Carballa da Rocha. Lugar. A Saínza. - O Bosque de Bidueiros: Lugar: Monte Albán. Parroquia de Rairiz de Veiga - O Bosque de Castiñeiros: As Vellas Cañotas. Lugar: Lampaza. - As Veigas: Os Humidais. Especies Ornitolóxicas e outras. Lugar: Veigas de Ordes. Estas catro áreas formarán un itinerario didáctico unido por unha ruta de sendeirismo co obxectivo de fomentar o coñecemento, o respecto e o valor da natureza entre a poboación, permitindo a visita de persoas e grupos organizados. - GUÍAS: Vanse realizar a edición e publicación de folletos guía dos diferentes elementos para informar e divulgalo proxecto. |
|
Comezo: febreiro 2012 ata novembro 2012 | |
1.700 habitantes | |
2.000 | |
1 | |
2 | |
TECNICOS DO CONCELLO E EMPRESAS Materiais: Estruturas de madeira Paneis Bancos. Folletos |
|
Sen datos | |
Sen datos | |
Entre 10.000 € e 30.000 € | |
Aumentar o fluxo de visitas turísticas e a concienciación da poboación local. | |
- O basto e rico patrimonio natural do Concello diferenciando dos concellos limítrofes. - Posta en valor resaltando como reclamo turístico e didáctico. |
|
Falta de control sobre as visitas. Risco de vandalismo. Baixa conciencia medioambiental de parte da poboación pola baixa formación. |
|
Conservar e vixiar as infraestruturas creadas. Complementar con visitas guiadas promovendo o seu coñecemento entre a poboación en xeral, especialmente entre a poboación xove e escolar. | |
Concello de Rairiz de Veiga: www.rairizdeveiga.es 988 46 55 52 - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. |
|
Sen datos |