• Inicio
  • Catálogo
  • Proxecto
  • Workshops
  • Documentación
  • Ligazóns

Catálogo de boas prácticas

Opcións de procura

Comunidad autónoma

Provincia

Área xeográfica

Axudas a particulares para corrección de impactos
Entidade ou persoa promotora Asociación InterEo
Territorio da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón
Recuperación da paisaxe
Interior
Asturias
Asturias
Sen datos
Territorio diverso e con alto índice de ruralidade no que hai gran número de elementos construtivos con alto grado de deterioro que afean a paisaxe e cun alto valor desde o punto de vista do patrimonio etnográfico.
O que se pretende fundamentalmente é incentivar aos propietarios de inmobles sitos no entorno rural para que acometan obras de restauración e de eliminación de elementos non desexados para, por un lado, mellorar as condicións paisaxísticas e, por outro, conservar elementos patrimoniais de grande riqueza. Ademáis, indirectamente favorécese a actividade económica nun sector ampliamente deprimido nestes momentos como é o da construción, permitindo que pequenos construtores ou contratistas de obras manteñan unha tasa de actividade que, de outra forma, non terían, coa correspondente perda de emprego por conta propia e axena.
Mediante convocatoria pública ofrécese aos particulares presentar proxectos de rehabilitación, arranxe ou, incluso, de demolición de construcións auxiliares no entorno rural tales como palleiros, hórreos, cabazos, bodegas, palomares, etc. Os proxectos examínanse un a un, visítanse para coñecer o estado real e cal debe ser a actuación máis idónea e, en función do tipo de actuación e do tipo de ben que se trate, concédese unha axuda porcentual ao valor real do proxecto que se fixa directamente polo arquitecto da Asociación. Fíxase, ademáis, un tope máximo de seis mil euros para cada proxecto, o que fai que a actuación esté dirixida hacia pequenos e medianos proxectos.
2011-2012
30.000 habitantes
350
Sen datos
Sen datos
Os recursos empregados son os correspondentes a pequenos construtores ou contratistas asentados no territorio, así como os dos seus proveedores de materiais.
Sen datos
Sen datos
Superior a 600.000 €
Na anualidade anterior tramitáronse casi 190 solicitudes e leváronse a cabo case 130 proxectos que supuxeron unha inversión próxima aos 550.000 euros para a Asociación e unha inversión total nas obras de 1.300.000 euros aproximadamente. Grazas e eles rehabilitáronse un gran número de elementos do patrimonio etnográfico como hórreos, cabazos, palleiros, etc. Na actualidade que se está agora executando, estanse tramitando case 200 solicitudes das cales se admitiron unhas 175 e que suporán unha inversión de arredor dos 700.000 euros para a Asociación e de un total de case 2.000.000 de euros no total da obra executada.
Rehabilitación do patrimonio cultural e etnográfico, eliminación de feismos coa conseguinte mellora paisaxística e a súa repercusión no sector turístico e a creación de actividade económica nun sector deprimido como é a construción.
Complexidade na tramitación.
Unha vez finalizada a actuación verase sensiblemente mellorada a visión actual da paisaxe co que elo comporta desde o punto de vista dun sector importante na estrutura económica do territorio como é o turístico, mantendo a actividade do sector da construción en pequenos empresarios, nun momento de especiais dificultades.
Asociación InterEo: www.intereo.es
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - 985476850
Sen datos

Centro de Extensión universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente Decenio de las Naciones Unidas para la Biodiversidad

logouesenfondo