Actividades lúdico-educativas da Asociación Revolta Natural | |
Entidade ou persoa promotora | Asociación Revolta Natural |
Reserva da Biosfera Terras do Miño | |
Lecer e tempo libre. Educación ambiental | |
Interior | |
Galicia | |
Lugo | |
Cospeito | |
O territorio da Reserva é moi amplo (26 concellos). No concello no que se atopa a sede asociativa e onde desenvolvemos a maioría dos programas, atópase na Lagoa de Cospeito, considerada núcleo da Reserva, incluída dentro do LIC Ladra-Parga-Támoga. A figura de protección Reserva da Biosfera é amplamente descoñecida e, consecuentemente, as accións do home no territorio non sempre son respectuosas cós ecosistemas que pretendemos conservar e reforzar. | |
Queremos dar a coñecer as potencialidades do territorio nos aspectos naturais, culturais, económicos e sociais, defendendo a natureza como patrimonio e dando valor á xente que habita nas zonas rurais e que contribúen diariamente a manter o entorno natural, informando e promovendo alternativas que melloren a relación do ser humano coa natureza (educación, produción, cultura, ocio...). | |
En todas as actividades, calquera que sexa o tema, centramos os esforzos en crear sentimentos de conexión e alianza coa natureza, de cara a promover actitudes de compromiso real coa conservación e emprego proveitoso e sostible dos recursos naturais. Partimos dos intereses expresados, dos talentos demostrados e das capacidades dos participantes para que a actividade non sexa simplemente un momento de ocio ou formación complementaria a outras, senón que constitúa unha experiencia de vida que sexa o inicio da participación activa nos fins que defende a asociación. | |
De 2011 ata a actualidade, con iniciativas personales anteriores | |
185.000 habitantes | |
300 | |
2 | |
Sen datos | |
A xente que dinamiza os proxectos e actividades da asociación son socios e socias. En ocasións, segundo a natureza e o obxectivo da actividade, traballan como voluntariado e outras como personal asalariado. A xestión da asociación é responsabilidade da Xunta Directiva, non asalariada pero compensada en gastos. | |
Sen datos | |
Sen datos | |
Inferior a 10.000 € | |
Aínda non podemos valorar os logros, xa que a traxectoria da asociación é moi curta. | |
Os promotores somos xente nova, activa e comprometida coa creación de alternativas que fomenten o compromiso e a mellora da calidade de vida, valorando os ritmos naturais, o desenvolvemento de capacidades útiles e talentos propios. | |
Se ben a nosa iniciativa é moi valorada polo público en xeral, o compromiso de participación continaa nas actividades promovidas é moi baixo, debido fundamentalmente á dinámica social actual. | |
Cremos que a medio prazo lograremos crear un movemento social afín á nosa concepción da vida en harmonía co entorno natural, que permita modificar os ritmos de vida e costumes de consumo, recuperando a convivencia social e o aproveitamento sostible dos recursos naturais. | |
Asociación Revolta Natural: http://www.revoltanatural.org/ 600 034 907 - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. |
|
A Asociación Revolta Natural xurde entre traballadores e colaboradores da Granxa Garabullos, de conversacións espontáneas e reflexións profundas sobre a maneira de vivir que nos impón o sistema capitalista e recolle propostas de cambio para vivir de unha maneira máis serena, que permita integrar o traballo na vida diaria, fuxindo das relacións laborais de dependencia exclusivamente económica. |