Apiario didáctico de San Sadurniño | |
Entidade ou persoa promotora | Concello de San Sadurniño |
LIC Xubia- Castro | |
Economía agropecuaria. Educación ambiental | |
Interior | |
Galicia | |
A Coruña | |
San Sadurniño | |
O Concello de San Sadurniño creara a horta de conservación de frutais autóctonos no 2009. Os frutais necesitan a polinización efectuada polas abellas. Por este motivo, considerouse acertado poñer un apiario no recinto da horta. | |
- Facilitar a polinización dos frutais e das árbores sitas nas proximidades do apiario. - Xerar un novo recurso didáctico para aproximar o mundo da apicultura aos visitantes da horta de conservación de frutais. - Colaborar na recuperación das actividades apícolas no municipio. - Producir mel para o municipio. |
|
O concello chegou a un acordo coa Asociación Galega de Apicultura, para a instalación dun apiario didáctico. Colocouse unha cesta de madeira nun extremo da horta de conservación de frutais e habilitáronse 4 colmeas, de diferente tipo. Unha delas é especial para mostrar o traballo das abellas, xa que se fixo cunha estrutura de madeira e cristal, o cal permite observar a colmea por dentro. No recinto da horta existe outra caseta con roupa de protección adecuada para poder visitar o apiario sen ningún problema. |
|
2011 ata a actualidade | |
3.100 habitantes | |
80 | |
Sen datos | |
Sen datos | |
O Concello correu cos gastos de construción do apiario, e a Asociación Galega de Apicultura encargouse de crear as colmeas e de subministrar determinado material técnico. Tamén se encargan do mantemento das colmeas e da recollida da mel. | |
Sen datos | |
Sen datos | |
Inferior a 10.000 € | |
Favoreceuse a polinización dos frutais do entorno e xerouse un novo polo de atracción turística e/ou didáctica. | |
O intento de recuperar unha actividade agrícola tradicional, que estaba decaendo nos últimos anos. | |
Escasa capacidade de inversión para dotar de máis medios o apiario e darlle maior contido didáctico. | |
Esperamos que o apiario se manteña no tempo e xere mel, que o Concello se encargará de envasar e distribuír, para divulgar a apicultura e os seus beneficios. | |
Concello de San Sadurniño: www.sansadurnino.es 981490027 - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Asociación Galega de Apicultura de Ferrolterra (AGA): www.apiculturagalega.org |
|
Sen datos |