Imprimir esta páxina

Workshop I: "Oportunidades para o desenvolvemento rural en espazos Rede Natura 2000 ou Reservas da Biosfera"

O vindeiro venres, 22 de xuño, terá lugar na sede do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) o Workshop "Oportunidades para o desenvolvemento rural en espazos Rede Natura 2000 ou Reservas da Biosfera: Actividades socioeconómicas vinculadas ao medio mariño e litoral", organizado coa colaboración da Fundación Biodiversidad. 

A actividade está dirixida a todos os sectores implicados no desenvolvemento rural, líderes locais, autoridades, sector primario, turismo, poboación local, e público xeral, e pretende poñer en valor actividades socioeconómicas que compatibilicen a conservación da natureza co desenvolvemento das actividades. 

Máis información: 
http://www.ceida.org/formacion/xornada-debate-oportunidades-para-desenvolvemento-rural-en-espazos-rede-natura-2000-o.html

Ler 2966 veces Última modificación o Luns, 29 Outubro 2012 12:45