O proxecto Espazos Naturais Protexidos: vantaxes e oportunidades para o desenvolvemento económico e social das zonas rurais promovido polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), está financiado pola Fundación Biodiversidad dentro da súa convocatoria de concesión de axudas 2011 para a realización de actividades no ámbito da Biodiversidad, o Cambio Climático e o Desenvolvemento Sostible.
![]() |
![]() |
O seu obxectivo principal é contribuir ao desenvolvemento rural sustentable nos espazos incluidos na Rede Natura 2000 e Reservas da Biosfera, a través de accións de formación, divulgación, e punto de encontro de axentes sociais, tanto do sector público como privado, para a posta en valor de boas prácticas que compatibilicen a conservación dos recursos naturais co desenvolvemento das actividades socieconómicas.
A súa área de actuación é a Comunidade Autónoma de Galicia, con especial incidencia nos concellos con espazos Rede Natura 2000 ou incluidos dentro dos territorios das Reservas da Biosfera.
Obxectivos específicos
- Indentificar iniciativas socioeconómicas exitosas e proxectos piloto en espazos naturais protexidos.
- Divulgar as boas prácticas identificadas entre os sectores implicados no desenvolvemento rural e ao público xeral.
- Consolidar un punto de referencia de información sobre turismo sustentable en espazos naturais protexidos da Rede Natura 2000 ou Reservas da Biosfera de Galicia.
Accións a desesenvolver
- Catálogo de boas prácticas
Creación dun banco de datos de consulta online que permita a sistematización das experiencias demostrativas de intervención socieconómica nos espazos da Rede Natura 2000 e Reservas da Biosfera da Comunidade Autónoma de Galicia, Asturias e Castela e León principalmente, así como dos líderes locais, grupos de desenvolvemento rural e institucións ou persoas vinculadas ás mesmas. Aínda que o ámbito xeográfico está delimitado a estas tres Comunidades Autónomas, tamén poderá incluír iniciativas exitosas do ámbito estatal e internacional. >>>Catálogo de boas prácticas
Se estás interesado en formar parte do proxecto con algunha iniciativa exitosa, envía todos os datos a través do seguinte formulario
- Workshops
Creación de diferentes espazos de comunicación que permitan a participación, o encontro e o diálogo entre os distintos actores sociais implicados na conservación dos espazos naturais protexidos e o desenvolvemento rural. >>>Workshops
- Portal web
Deseño do portal web www.redenatura.org como fonte de información e divulgación das experiencias exitosas nos espazos naturais protexidos, que sirva de apoio e asesoramento aos técnicos e actores implicados neste ámbito. A web pretende ademais convertirse nun recurso de referencia na divulgación dun turismo sostible en ENPs para o público en xeral.
- Punto de información do turismo sustentable en Galicia
Consolidar unha oficina de referencia para a divulgación dos valores da Rede Natura 2000 e Reservas da Biosfera galegas, e especialmente de turismo sostible e alternativo nos espazos incluidos dentre delas, dirixida tanto a profesionais do sector turístico e administracións como á cidadanía, que actúe como centro de dinamización de desenvolvemento rural.
Datos de contacto
CEIDA. Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Castelo de Santa Cruz, s/n
15179 - Liáns, Oleiros
A Coruña
Tlf: 981 630 618
Correo-e:
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.