Co obxectivo de conseguir un equilibrio entre a conservación dos espazos naturais protexidos e o desenvolvemento rural das comunidades locais vinculadas aos mesmos, é fundamental involucrar a todos os actores sociais implicados (autoridades, líderes comunais, sector primario, turismo, poboación local,…) creando espazos de comunicación que permitan a súa participación, o encontro e o diálogo entre eles.
Entre os espazos de comunicación deseñados para este proxecto atópanse os workshops, xornadas de debate ou reunións de traballo que permitirán:
- Coñecer as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades detectadas polos actores implicados no desenvolvemento rural dos ENPs.
- Implicar aos líderes sociais para que actúen como aliados estratéxicos do proxecto.
- Identificar as ferramentas metodolóxicas para un plantexamento estratéxico das accións.
- Crear un canal de retroalimentación entre as diferentes accións do proxecto e de posibles accións futuras trala súa finalización.
Os workshops pretenden, por tanto, fomentar unha rede a nivel galego que permita, por unha banda, a creación de comunidades virtuais de coñecemento das experiencias que se estén desenvolvendo e, por outro lado, a conformación dunha infraestrutura de apoio tanto das iniciativas nacentes como daquelas xa consolidadas.
Estas xornadas de debate dividiránse en dúas sesións, a primeira centrada en experiencias socioeconómicas vinculadas ao medio mariño e litoral, e a segunda en experiencias socieconómicas vinculadas a zonas rurais e do interior.